19/3/13

OBRADOIROS E CHARLAS DE ABRIL


Anunciamos a actividade para o mes de Abril. Para inscribirse, consultar calqueira duda, ou facer calqueira suxerencia ou aportación en:

acasadaleiteira@gmail.com






// INICIACIÓN Á PANDEIRETA

DOCENTE : Halimah Shalabi
HORARIO: luns de 20:30h a 22h (abril e maio)
ESPACIO : Local Arteixo CCA (Mestre Mateo 10, baixo, Arteixo)
PRECIO (por mes): 25 euros (amigos 20 euros)


Este obradoiro pretende achegar a técnica da pandeireta ao público en xeral, de un xeito divertido e totalmente práctico e participativo. Crearanse grupos en función das aptitudes ou da experiencia previa dos asistentes. Anímate que a foliada xa está aquí.


// ILUSTRACIÓN E PINTURA DE RECICLAXE

DOCENTE : Susana Shalabi
HORARIO:  xoves de 18h a 20h (abril e maio)
ESPACIO : Centro de Maiores A Baiuca (Trav. Arteixo nº 249, Arteixo)
PRECIO (por mes): 30 euros (amigos 25 euros)


Aprende a entender e crear imaxes pictóricas,ilustrativas e tipográficas mediante o reciclaxe. Experimenta e xoga cos diferentes elementos técnicos de composición, as cores, os formatos e os materiáis.


//OBRADOIRO INFANTIL DE CONTOS

DOCENTE : Iria Anido
HORARIO:  luns de 17:30h a 19:00h os meses de  abril e maio (18 horas)
ESPACIO : Librería "Á lus do candil" (Historiador Vedía nº 3 baixo, Arteixo)
PRECIO (por mes):
a) 10 asistentes: 21 euros (amigos 15 euros)
b) 5 asistentes : 32 euros (amigos 28 euros)

Estamos feitos de historias, polo que a infancia é o mellor momento para comezar a crear valéndonos da infinita imaxinación dos nenos. Os rapaces deixarán voar a súa imaxinación e a través dA lecturas de clásicos infantís consegurirán escribir as súas historias seguindo as pautas do conto fantástico.
Todo é posible na súa mente, pois tamén o será nos seus conto


//POESÍA PARA ADULTOS

DOCENTE : Iria Anido
HORARIO:  luns de 19:30h a 21:00h os meses de abril e maio (18 horas)
ESPACIO : Librería "Á lus do candil" (Historiador Vedía nº 3 baixo, Arteixo)
PRECIO (por mes):
a) 10 asistentes: 21 euros (amigos 15 euros)
b) 5 asistentes : 32 euros (amigos 28 euros)

Xogando coas distintas emocións dos participantes, e empregando como ferramenta a palabra, achegarémonos ó verso como forma de expresión e alivio interno. Misturaremos sensacións con imanes literarias e comprobaremos desta maneira a gran variedade estética e simbólica das verbas.
Cada un dos participantes escribirá finalmente o seu poema, que recitarán no recital da clausura do obradoiro.


//DJING

DOCENTE : Magín Pérez (Frances Lerouge)
HORARIO: Sábados 13, 20 e 27 de Abril e 4 de Maio de 10:00h a 14:00h (16 horas)
ESPACIO : Local Arteixo CCA (Mestre Mateo 10, baixo, Arteixo) 
PRECIO (curso completo): 16 euros 


Destinado a un público heteroxéneo pretendemos poñer a alcance de calquer usuario cuns conocimientos básicos previos de informática, a posibilidade de realizar mesturas en directo e grabación das mesmas practicando distintas ferramentas: mesa de mezcras, pratos xiradiscos, reproductores de CD, traktor (mapping, efectos, etc...), controladoras midi, etc ...
Con ísto lograremos acercar máis e facer más asequible a música a todos, democratizando un pouco máis o acceso e coñecemento deste importante pilar da nosa cultura, aprendendo conceptos básicos como loops, efectos, ecualizacións, tempo, melodías, etc ... e conxuntando todos estes elementos que nos permitirá expresarnos enfronte a unha pista de baile e, usando como vehículo a música,  imprimir a nosa propia personalidade.

O contido do curso será adaptable o nivel de coñecemento previo do grupo.

www.franceslerouge.com
www.facebook.com/franceslerouge
www.fanzineproject.com


//DANZA AFRICANA

DOCENTES : Tania Veiga e Alenya Espiñeira
HORARIO: Sábado 6 de Abril 16:30 a 20h
ESPACIO : Arteixo, Centro de maiores da baiuca.
PRECIO: 10 euros 

Adentraremonos na cultura africana, concretamente na cultura Mandinga. Escoitar o ritmo, conectar coa terra e as emocións. Un obradoiro para iniciarnos na danda africana con música en vivo.
Tania Veiga e Alenya Espiñeria levan anos aprendendo de grandes bailaríns e bailarinas como a ALLATANTOU DANCE COMPANY, Mesturas Danza Africana e grandes mestres internacionais. Participaron no proxecto A Caixa de Tambora, espectáculo de percusión e danza Africana.

www.tropicodegrelos.com


//FOTOGRAFÍA DIXITAL

DOCENE : Mahoney
HORARIO: Sábados do 6 de Abril ó 11 de Maio de 10h A 13h
ESPACIO : (sen confirmación)
PRECIO:
10 asistentes : Amigos 35 euros / Non amigos 40 euros.
5 asistentes : Amigos 60 euros / Non amigos 65 euros.
Aprenderemos os conceptos da fotografía: tempos de exposición, cantidade de luz, encuadre, enfoque e desenfoque. Aspectos teóricos e prácticos da fotografía dixital. Aprende a sacarlle partido a esa cámara e a expresarte capturando a luz.

www.3d3audiovisual.com
www.facebook.com/3d3audiovisual


// PERMACULTURA ; A HORTA SINÉRXICA.

DOCENTE : Marco Torres (Oso)
HORARIO:  Sábado 20 de Abril e Domingo 21 de Abril
Sábado:
  *de 10h A 13h: Charla, No loca de Paso de Valverde
  *de 16h a 19h: Primeira práctica horta de Armetón: Deseño en permacultura .
Domingo: 
  *de 10h a 14h: Segunda práctica (Armentón). Bancais, distribución de prantas.
ESPACIOS : 
Paso de Valverde; Avda Os Bosques, 14  Arteixo
Horta de Halimah: Armentón
PRECIO:
10 asistentes: Amigos 15 euros / Non amigos 18 euros
5 asistentes. Amigos 30 euros / Non amigos 35 euros

Á mañá empezaremos coa iniciación ó concepto de Permacultura e os principios de deseño, incidindo nos conceptos que definen unha horta sinérxica, a filosofía que hai detrás deste tipo de agricultura e as maneiras de levalo a cabo. Á tardiña iremos á horta a ver cómo facer un deseño dunha horta seguindo as premisas da permacultura.
O domingo faremos uns bancais e distribuiremos as prantas.
Aprende a producir os teus propios alimentos, de calidade e con respeto ó medio ambiente. 



///CHARLA

Banca ética e consumo responsable

Virán a xente de Zocamiñoca a falar de consumo responsable e espoñer a súa experiencia como cooperativa de consumo.
Tamen estará a xente de Fiare, para introducirnos nos conceptos da banca ética, outra maneira de consumo responsable, e tamén a comentarnos as súas experiencias no seu proxecto.
Un paso necesario para que as cousas cambien, cambiar a nosa interacción con sistema.

HORARIO: Venres  5 de Abril de 19:30 a 21:30
ESPACIO : Centro Cívico de Arteixo (Paseo Fluvial s/n, Arteixo)
PRECIO: gratuito

www.zocaminhoca.org
www.proyectofiare.com

No hay comentarios: