30/4/13

OBRADOIROS DE MAIO

Anunciamos a actividade para o mes de Maio. Para inscribirse, realizar calqueira consulta, ou facer algunha suxerencia ou aportación en:

acasadaleiteira@gmail.com

// MASTER CLASS DE PANDEIRETA

"A tradición oral en Bergantiños : Os ritmos bailábeis"

DOCENTE : Xurxo Fernades
HORARIO: Domingos 26 de Maio e 16 de Xuño.
ESPACIO : Por confirmar.
PRECIO : Por confirmar.

Master Class de pandeireta e canto na que percorreremos Bergantiños empregando para tal fin o canto e os ritmos tradicionais da comarca.
Faranse grupos en función do nivel dos asistentes.

//DANZA AFRICANA

DOCENTES : Tania Veiga e Alenya Espiñeira
HORARIO: Domingo 26 de Abril 17:00 a 20h
PRECIO (10 asistentes) 12 euros / Amigos 10 euros

Adentraremonos na cultura africana, concretamente na cultura Mandinga. Escoitar o ritmo, conectar coa terra e as emocións. Un obradoiro para iniciarnos na danda africana con música en vivo.
Tania Veiga e Alenya Espiñeria levan anos aprendendo de grandes bailaríns e bailarinas como a ALLATANTOU DANCE COMPANY, Mesturas Danza Africana e grandes mestres internacionais. Participaron no proxecto A Caixa de Tambora, espectáculo de percusión e danza Africana.

www.tropicodegrelos.com


//PERCUSIÓN AFRO-BRASILEIRA

DOCENTE : Andrés Rivero
HORARIO: Sábado 25 de Maio 11:00 a 14h
PRECIO (10 asistentes) : 15 euros / Amigos 12 euros

Adentraremonos na cultura afro-brasileira. Escoitar o ritmo, conectar coa terra e as emocións. 

www.tropicodegrelos.com


//PERCUSIÓN AFRICANA

DOCENTE : David Bolaño
HORARIO: Sábado 25 de Maio 17:00 a 20h
PRECIO (10 asistentes) 15 euros / Amigos 12 euros

Adentraremonos na cultura africana, concretamente na cultura Mandinga. Escoitar o ritmo, conectar coa terra e as emocións.

www.tropicodegrelos.com


//COMPOSICIÓN E ILUMINACIÓN

DOCENE : Javi Alvedro
HORARIO: Sábados 8 e 22 de Xuño de 10h a 14h e de 16h a 20h. (seguramente pillaremos algunha hora á mañán dos domingos 9 e 23)
ESPACIO : Teatro Escola do Paso de Valverde
PRECIO (10 asistentes) :  45 euros / Amigos 35 euros

O obradoiro enfócase como un espacio de traballo para profundizar nos campos da composición e a iluminación. 
Farémolo a través do diálogo e a práctica, analizando traballos alleos, pero sobre todo os traballos dos propios asistentes. 
Plantexaremos prácticas tanto en interior (luz estudio) como en exterior, para ver as características e posibilidades que nos ofrece a luz en cada espacio/momento.
Así mesmo, daremos  claves para facer unha boa lectura do noso encuadre e controlar en cada momento o que estamos plasmando nas nosas imaxes.Un obradoiro sobre luz e espacio.

www.javialvedro.com


// INICIACIÓN Á PANDEIRETA

DOCENTE : Halimah Shalabi
HORARIO: luns de 20:30h a 22h
ESPACIO : Local Mestre Mateo (Mestre Mateo 10, baixo, Arteixo)
PRECIO : 25 euros / amigos 20 euros.


Este obradoiro pretende achegar a técnica da pandeireta ao público en xeral, de un xeito divertido e totalmente práctico e participativo. Crearanse grupos en función das aptitudes ou da experiencia previa dos asistentes. Anímate que a foliada xa está aquí.


// ILUSTRACIÓN E PINTURA DE RECICLAXE

DOCENTE : Susana Shalabi
HORARIO:  xoves de 18h a 20h (abril e maio)
ESPACIO : Centro de Maiores A Baiuca (Trav. Arteixo nº 249, Arteixo)
PRECIO (por mes): 30 euros (amigos 25 euros)

Aprende a entender e crear imaxes pictóricas,ilustrativas e tipográficas mediante o reciclaxe. Experimenta e xoga cos diferentes elementos técnicos de composición, as cores, os formatos e os materiáis.


//OBRADOIRO INFANTIL DE CONTOS

DOCENTE : Iria Anido
HORARIO:  luns de 17:30h a 19:00h os meses de  abril e maio (18 horas)
ESPACIO : Librería "Á lus do candil" (Historiador Vedía nº 3 baixo, Arteixo)
PRECIO :
a) 10 asistentes:  21 euros / amigos 15 euros.
b) 5 asistentes : 32 euros / amigos28 euros.

Estamos feitos de historias, polo que a infancia é o mellor momento para comezar a crear valéndonos da infinita imaxinación dos nenos. Os rapaces deixarán voar a súa imaxinación e a través dA lecturas de clásicos infantís consegurirán escribir as súas historias seguindo as pautas do conto fantástico.
Todo é posible na súa mente, pois tamén o será nos seus conto


//POESÍA PARA ADULTOS

DOCENTE : Iria Anido
HORARIO:  luns de 19:30h a 21:00h os meses de abril e maio (18 horas)
ESPACIO : Librería "Á lus do candil" (Historiador Vedía nº 3 baixo, Arteixo)
PRECIO (por mes):
a) 10 asistentes:  21 euros / amigos 15 euros.
b) 5 asistentes : 32 euros / amigos28 euros.

Xogando coas distintas emocións dos participantes, e empregando como ferramenta a palabra, achegarémonos ó verso como forma de expresión e alivio interno. Misturaremos sensacións con imanes literarias e comprobaremos desta maneira a gran variedade estética e simbólica das verbas.
Cada un dos participantes escribirá finalmente o seu poema, que recitarán no recital da clausura do obradoiro.


No hay comentarios: