8/2/13

OBRADOIROS E CHARLAS MARZO

Aquí poderedes ver  todo o detalle da programación de A Casa Da Leiteira, sobre a que iremos apliando información nos próximos días. Podedes reservar a vosa plaza para os cursos ou consultarnos calquera duda que teñades sobre os obradoiros e charlas contactándonos en acasadaleiteira@gmail.com





// INICIACIÓN Á PANDEIRETA

DOCENTE : Halimah Shalabi
HORARIO: luns de 19:30h a 21h e sábados de 11h a 13:30h (marzo, abril e maio)
ESPACIO : Local Arteixo CCA (Mestre Mateo, Arteixo)
PRECIO (por mes):
10 asistentes : 24 euros (amigos 20 euros)
5 asistentes (tan só un día á semana): 24 euros (amigos 20 euros)
Este obradoiro pretende achegar a técnica da pandeireta ao público en xeral, de un xeito divertido e totalmente práctico e participativo. Crearanse grupos en función das aptitudes ou da experiencia previa dos asistentes. Anímate que a foliada xa está aquí.


// ILUSTRACIÓN E PINTURA DE RECICLAXE

DOCENTE : Susana Shalabi
HORARIO: martes e xoves de 18:30h a 20h (marzo, abril e maio)
ESPACIO : Centro de Maiores A Baiuca (Trav. Arteixo nº 249, Arteixo)
PRECIO (por mes):
10 asistentes: 35 euros (amigos 32 euros)
5 asistentes (tan só un día á semana): 35 euros (amigos 32 euros)
Aprende a entender e crear imaxes pictóricas,ilustrativas e tipográficas mediante o reciclaxe. Experimenta e xoga cos diferentes elementos técnicos de composición, as cores, os formatos e os materiáis.


//OBRADOIRO INFANTIL DE CONTOS

DOCENTE : Iria Anido
HORARIO:  luns de 17:30h a 19:00h os meses de marzo, abril e maio (18 horas)
ESPACIO : Librería "Á lus do candil" (Historiador Vedía nº 3 baixo, Arteixo)
PRECIO (por mes):
a) 10 asistentes: 21 euros (amigos 15 euros)
b) 5 asistentes : 32 euros (amigos 28 euros)
Estamos feitos de historias, polo que a infancia é o mellor momento para comezar a crear valéndonos da infinita imaxinación dos nenos. Os rapaces deixarán voar a súa imaxinación e a través dA lecturas de clásicos infantís consegurirán escribir as súas historias seguindo as pautas do conto fantástico.
Todo é posible na súa mente, pois tamén o será nos seus conto


//POESÍA PARA ADULTOS

DOCENTE : Iria Anido
HORARIO:  luns de 19:30h a 21:00h os meses de marzo, abril e maio (18 horas)
ESPACIO : Librería "Á lus do candil" (Historiador Vedía nº 3 baixo, Arteixo)
PRECIO (por mes):
a) 10 asistentes: 21 euros (amigos 15 euros)
b) 5 asistentes : 32 euros (amigos 28 euros)
Xogando coas distintas emocións dos participantes, e empregando como ferramenta a palabra, achegarémonos ó verso como forma de expresión e alivio interno. Misturaremos sensacións con imanes literarias e comprobaremos desta maneira a gran variedade estética e simbólica das verbas.
Cada un dos participantes escribirá finalmente o seu poema, que recitarán no recital da clausura do obradoiro.


//PRODUCCIÓN MUSICAL CON SOFTWARE

DOCENTE : Magín Pérez (Frances Lerouge)
HORARIO: Sábados 9,16,23 e 30 de Marzo (horario de mañán por confirmar) (16 horas)
ESPACIO : Arteixo  (local por confirmar)
PRECIO: 16 euros (subvencionado)
Destinado a un público heteroxéneo, nenos ou maiores, e para un grupo reducido de persoas, pretendemos poñer a alcance de calquer usuario cuns conocimientos básicos previos de informática, a posibilidade da autoproducción cos mínimos recursos que supoñen un ordenador doméstico.
Dentro dos contidos do temario, se explicarán as principais ferramentas de software Ableton Live e Logic, o uso de controlodoras, así como outras nocións teóricas e prácticas sobre a elaboración dun tema dende cero (audio, midi, vst's, mezcra, etc ...)
O contido do curso será adaptable o nivel de coñecemento previo do grupo.


//AFTER EFFECTS

DOCENTE : Isa Vila
HORARIO: Sábados 9,16,23 e 30 de Marzo (horario de tarde) (16 horas)
ESPACIO : Arteixo  (local por confirmar)
PRECIO: 16 euros (subvencionado)
O vídeo xa non é só o que grabas coa túa cámara. Como formato, gracias a programas como After Effects, abre as portas á animación de gráficos, sexan fotos ou debuxos.
Sen teres experiencia previa no manexo de programa, en 16 horas serás capaz de animar as túas fotos e deseños, e adaptar a túa creación a formatos estándar para publicalos en internet.
www.isabelvila.com


//APRENDER A RESPIRAR

DOCENTE : Eloi Pérez
HORARIO: Domingo 17 de Marzo de 17 a 19h (2 horas)
ESPACIO : Local Asociación Cultural Paso de Valverde (Avda dos Bosques 14 baixo, Arteixo)
PRECIO: gratuito
A respiración é fundamental, pero non sabemos case nada sobre ela. Esta charla-práctica servirá para coñecer os mecanismos que nos fan respirar e tomar consciencia sobre ela, xa que a respiración ten un efecto directo sobre o estrés. Aprenderemos a dominala para que estea ó noso servicio.




///CHARLAS


Novos formatos e vías de distribución no audiovisual: series web
DOCENTE : Sonia Méndez e Sandra Lesta
HORARIO: Venres 8 de Marzo de 19:30 a 21:30
ESPACIO : Centro Cívico de Arteixo (Paseo Fluvial s/n, Arteixo)
PRECIO: gratuito

No hay comentarios: