6/2/13

OBRADOIROS E CHARLAS ACDL 2013


Hola a tod@s leiteir@s, neste 2013 ACDL volve á carga cun bo lote de propostas culturais!

Dende A Casa Da Leiteira queremos presentarvos unha serie de obradoiros para os próximos meses; cunha temática ben variada, éstes serán os cursiños que organizaremos dende a asociación:

- pintura e debuxo de reciclaxe [Susana Shalabi]
- iniciación a pandeireta [Halimah Shalabi]
- poesía para adultos [Iria Anido]
- creación de contos infantís [Iria Anido]
- aprender a respirar [Eloi Pérez]
- danza africana [Alenya]
- premacultura: a horta sinérxica [Marco Torres (Oso)]
- producción musical con software [Frances Lerouge]
- djing [Frances Lerouge]
- after effects [Isa Vila]
- fotografía dixital [Mahoney]
- iluminación e composición [Javi Alvedro]


Ademáis, en relación a estas materias, faremos unha serie de mesas redondas nos que afondaremos en certas cuestións dunha maneira participativa:
- series web: novos formatos
- áfrica: ritmos e cultura
- consumo responsable
- banca ética
- edición en fotografía dixital
- a pandeireta: ritmos e culturas




Permanecede atentos, seguiremos informando a partir de xa cos contidos, prezos e descontos, datas e espacios!

+ info:
acasadaleiteira@gmail.com

No hay comentarios: