17/11/10

Material de Apoio para o curso de Percusión I


Deixo aquí material que pode ser útil para os alumnos do curso de iniciación á percusión de A CASA DA LEITEIRA. Tamén pode ser útil a calqueira persoa que teña interés na percusión.


Teoría musical: en estos tres vídeos explica as figuras rítimicas, a súa equivalencia, o que é un compás e o xeito de colocar as figuras en un compás.












A continuación vemos cómo se executan os 3 sonidos básicos de un djembé:

En este vídeo van por este orde:

Claqué, Slap, Galleta (Agudo = Ta)
Tone,Open, Aberto (Medio = Te ou To)
Bass, Baixo (Grave = Tu ou Tun)




Exercicios:

(Alternando as mans)

Tu Tu Te Te Ta Ta Tu Tu Te Te Ta Ta ...

Te Te Tu Tu Ta Ta Te Te Tu Tu Ta Ta ....

É unha boa idea, cando dominedes un pouco os sonidos ir variando estes exercicios, por exemplo:

Te Ta Tu Te Ta Tu Te Ta Tu Te Ta Tu ....

Outro exercio: Facemos os tres sons con unha man e logo coa outra

(Dereita) (Esquerda)

Tu Te Ta Tu Te Ta ....






O seguinte exercidio é MOI IMPORTANTE. Básico para coller o pulso do tempo e as distintas figuras. Se controlades este exercicio tedes moito camiño andado.


Exercicio: Facer en compases de 4/4 unha progresión rítmica. Esto é, facer un compás con cada figura. O que fixemos en clase era: un compás de blancas, un de negras, e un de corcheas.

Podedes variar este exercicio, cambiando as figuras. Por exemplo: redondas, blancas, negras; ou negras, corcheas, semicorcheas.


Primeiro as progresións faránse cun só sonido de djembé. Unha vez se domine un pouco a progresión iremos cambiando os sons. Por exemplo: brancas con Tu, negras con Te, e corcheas con Ta. E todas as variacións que se vos ocurran serán apropiadas.


Para rematar esta primeira parte vemos a primeira parte de un ritmo africano chamado KUKU.

Tu TeTe Ta Tu TeTe Ta .....


Hai dous xeitos de facelo (dúas combinacións de mans distintas). Cada un que o faga como máis fácil lle saia, é conveniente botarlle un ollo ós dous.



O primeiro deles. Quizáis sexa o máis adecuado para tocar a velocidade alta. Este rítmo suele tocarse bastante rápido.







Esta é a segunda forma na que se pode tocar o ritmo:







Ata aquí de momento. Lembrade practicar, é a base de todo.



Lembrade quentar antes de tocar, estar nunha boa postura, e xogo de muñeca.



Tra Ta TaTa TaTa TaTaTa!!!


No hay comentarios: