22/2/11

A 5ª Esencia.



A 5ª Esencia é un proxecto ideado e desenrolado por 3 membros pertencentes ó colectivo A Casa da Leiteira.

Abordaráse, dunha maneira audiovisual, os 4 elementos principais que compoñen a materia e o universo: Terra, Lume, Vento e Auga; deixando ó Éter coma o quinto elemento ou espazo onde se manifestan e desenrolan os mesmos.

A obra consta de 4 partes nas que fará unha representación audiovisual de cada elemento. Tocaránse e samplearánse todos os instrumentos necesarios en cada acto a tempo real e os mesmos terán total relación cos elementos a mostrar:

Aire: frauta, frauta de harmónicos, campaniñas, voz e vento.

Lume: pandeiro, arpa de boca, cuenco tibetano e lume.

Terra: melodión, ukelele, axouxeres e pedras.

Auga: pau de auga, udú, calimba e auga.


Eloi (multinstrumentista) e Pepe (sampling e FX) son os encargados de levar a cabo a parte sonora onde, sumadas coas imaxes proxectadas por Mahoney, levarán ó espectador a un espazo no cal se vai ver envolto.

Unha mestura de performance, teatro e video-documental; darán paso a sensacións que compoñerán unha experiencia única.

O evento poderáse seguir en directo mediante streaming en: www.facebook.com/ACASADALEITEIRA



No hay comentarios: