1/11/10

CURSOS DE INVERNO ACDL

Boas amig@s leiteir@s:

Iniciamos o programa de actividades para este inverno 2010/2011.

Propoñendo un curso de fotografía dixital e outro de percusión.
Os dous realizaranse na casa unitaria de Barrañán. (para ver como chegar pinchade aquí)

O temario, e demáis datos de interese dos cursos son os seguintes :

CURSO DE FOTOGRAFÍA [ACDL]

1_Presentación.Historia da fotografía. (día 1)

2_Funcionamento básico do interior dunha cámara. (día 2)

3_Práctica 1: Construcción dunha cámara estenopeica. (día 3)

4_Parámetros de manexo. (diafragma, obturador, sensibilidade, profundidade de campo)(día 4)

5_Páctica 2: Obturación lenta e profundidade de campo. (día 5)

6_Entorno dixital:

6.1_Medición, fotómetro de cámara, braqueting, histograma. (día 6)

6.2_Rango dinámico, compensación de exposición:Pasos EV e sistema de zonas.(día 7)

6.3_Práctica 3 :medición e zonas. (día 8)

6.4_Tipos de enfoque,temperatura de color,balance de blancos.(día 9)

6.5_Formatos[Jpeg-Raw]. O volcado das túas imaxes. Almacenaxe[tipo de archivos e compresión]. (día 10)

6.6_Práctica 4: Completar proceso de volcado/almacenaxe de diferentes archivos. (día 11)

6.7_Práctica 5:Hdr. (día12)

Data de comezo : sábado 13 de novembro 2010.

Data de remate : sábado 12 de febrero 2011. (esta data non é definitiva, dependerá dos festivos e a disponibilidade dos asistentes)

Horarios : de 11:30h a 13:30h/14:00h. (a hora de remate dependerá do transcurso da clase)

Precio : 20 € amigos ACDL / 40 € non amigos.

Non se require coñecementos previos.

Recoméndase ter equipo réflex, pero non é excluinte, trataremos de axudar todo o posible.

Non hai límite de idades.

CURSO DE INICIACIÓN Á PERCUSIÓN [ACDL]

O obxectivo deste curso é dar unhas nocións básicas dos rudimentos da percusión, con algo de teoría musical básica, e a aplicación práctica enfocada cara á percusión africana.

Recoméndase ter un instrumento propio, pero non é necesario, se non o posúes a asociación poñerá o material para o curso.

Data de comezo : domingo 14 de novembro 2010.

Data de remate : domingo 13 de febrero 2011. (esta data non é definitiva, dependerá dos festivos e a disponibilidade dos asistentes)

Horarios : de 16:30h a 18:30h/19:00h. (a hora de remate dependerá do transcurso da clase)

Precio : 10 € amigos ACDL / 20 € non amigos.

Non se require coñecementos previos.

Non hai límite de idades.


A inscripción(ou calquer tipo de dúbida que vos surxa)podedes facela enviando un mail a:acasadaleiteira@gmail.com ,e poñede como asunto , curso foto ou ben curso percusión.

Tamén podedes solicitar máis información nos teléfonos 670866845/699200539.

Se queredes saber como facervos amigos de ACDL pinchade aquí.

No hay comentarios: