25/1/10

abrindo portas

A Casa da Leiteira nace no ano 2000 en forma de local de ensaio para un grupo de amigos. Alí comezan a xurdir todas as inquietudes que estes rapaces levan dentro (música, fotografía, vídeo...). A medida que pasa o tempo todo o que ocorre alí non tarda en facerse eco, e achégase xente da comarca relacionada cas diferentes actividades culturais, concertos e festas que alí se daban, xurden novos proxectos... En Setembro do 2007 A Casa da Leiteira foi derribada, desaparecendo só un lugar físico, non así toda a actividade que con ela naceu.

Agora ese colectivo evoluciona cara a unha forma máis definida; en forma de asociación cultural. Levamos un tempo traballando e é hora de abrir as portas a todo aquel que queira participar, sodes todos benvidos.







Ola!



Dende A C AS A D A LEI TE I RA queremos seguir medrando e unha das maneiras e medrando en número; por iso queremos que se unan novos amigos.




Facéndote amigo poderás participar máis activamente en todo o que fagamos no colectivo, propoñer actividades para levar a cabo entre todos, acceder ós espacios dispoñibles pola asociación e ós seus recusos, entre outros dereitos e deberes que podes ver nos estatutos (agradecerí­amos que botases unha ollada, xa que antes de ser amigo debes miralos).

Dende o colectivo recomendámosche obter unha conta de correo electrónico en gmail. Deste xeito terás acceso ás ferramentas na rede de A C AS A D A LEI TE I RA (blog, correos internos, facebook, etc).


Se queres facerte amigo tes que encher a folla de inscrición e mandala á dirección amigos@acasadaleiteira.org ,e poñede en asunto o voso nome.

Sigue o enlace anterior a google docs. Unha vez cargue a ficha pulsa en file/archivo e logo en dowload as/descargar como e escolles o tipo de archivo (word, office, pdf). Podes logo de descargado editalo e envialo por e-mail.

Na folla de incrición figura a conta bancaria na que tes que ingresar a cuota anual que son 15€ (deixa o teu nome no concepto). En canto teñamos a tua solicitude e a constancia do pago serás amigo oficial de A C AS A D A LEI TE I RA e obteras un número no rexistro de amigos.



Se coñeces alguén que lle interese ser noso amigo e non teña acceso a internet ou se queres algunha alternativa para o proceso contacta con nós no número 699200539.



Saúdos dende o colectivo A C AS A D A LEI TE I RA.










No hay comentarios: