
0Rh- é unha sedución a través os sentidos, un proxecto cuxo propósito é estimular sutilmente oído e vista, e, como resultado final, axitar a conciencia.
0Rh- é poesía, é vídeo e é música; é a busca intensa da emoción positiva e a empatía.
4 eixes sobre os que se constrúe esta montaxe audiovisual: a vida como temática central, o home como personaxe principal, o concepto de dar como fío condutor e a doazón de sangue como contido da metáfora.
A narración divídese en 4 partes analoxía do proceso vital:
- nacemento e 1a idade
- xuventud e concepción
- madurez e 3a idade
- morte
0Rh- é un proxecto de Magín Pérez López (Frances Lerouge) [audio, vídeo] & Antonio S. Ferraz (Parasit) [vídeo], coa colaboración de Javier Alvedro Lodeiro (Paréntesis Psicótico) [stop motion] e Paula Campo Hortas [voces]
No hay comentarios:
Publicar un comentario