12/2/10

XANTAR DE ANTROIDO

Moi boas compañeiros leiteiros.
Comprácenos convidarvos a un pequeno-gran xantar que temos programado para o próximo martes de entroido na antiga escola unitaria de Barrañan (que é o lugar onde desenrolaremos actividades nas vindeiras datas).
O conto comezará cara ó medio día cunha sesión vermú marca da casa, e logo...a papar!!
Cada un que traia o que lle venha en gana e despois xa feiraremos entre todos.
Despois da sobremesa correspondente, haberá tambores para os que tenhades ganas de facer ruido e algo de música para darlle ambiente ó asunto.
A idea é disfrazarnos todos de vaca(cada un que argalle o que lle saia da tarteira), ainda que calqueira disfraz será benvido.
Xa sabedes, esperámosvos a todos por alí.


No hay comentarios: