14/4/09

PRESENTACION DA EXPOSICION " FOTOLAMPARAS " + FRANCES LEROUGE @ FANZINE

Partindo dun concepto interactivo obra-espectador o proxecto Fotolámparas pretende non quedarse nunha mera exposición de fotografías, senón ir máis aló explorando a mestura entre os tres eixos nos que se basa: fotografía, audio e novos soportes.

Unha fotolámpara consiste na presentación dunha fotografía enmarcada nunha estructura metálica tratada artesanalmente, e retroiluminada dende o seu interior. Cada unha das pezas da exposición xira en torno a unha mesma temática: a luz. Para elo Mahoney sérvese de distintas instantáneas de propia elaboración e tamén de distintos materiais tratados.

Cada fotolámpara móstrase cunha peza de audio elaborada por Magín, composta expresamente para cada unidade a modo de textura sonora, facendo máis interactivo ese concepto global.


Nesta primeira mostra Mahoney e Magín presentarán o venres 17 de Abril ás 00:00h no Fanzine (Atocha Alta 40, A Coruña) unha orixinal posta en escena a través dun live experimental video/audio no que se representará a tempo real o proceso de elaboración das obras expostas.

Poderemos disfrutar da exposición dende ese mesmo día da inaguración ata o 31 de Maio.

No hay comentarios: