2/4/09

Frances Lerouge - "Estar en Casa EP" (pero non en calquera casa eh ...)

Como xa sabedes uns cantos levaba moito tempo “incubando” ísto, pero hai cousas que para facelas todo o ben posible levan o seu tempo...

Este mércores 1 de Abril foi por fin o día escollido por Rawmatroid Netlabel para sacar á luz o novo traballo de Frances Lerouge, “Estar en Casa”, un EP feito con moita emoción e cheo de personas.

O nome deste mini-album dallo o que é segundo corte, un tema feito para A Casa da Leiteira. Esta composición tiña como obxetivo reflexar en música a miña idea do colectivo, o sentimento de todos esas apertas ó comezo dunha festa, a sensación de pertenza a ese grupo de tremendas personas, a esa familia. Estes conceptos mézclanse con esa tranquilidade e sosego do chegar á casa.

O ep inclúe ademáis un track a modo de extra no que outro compañeiro da casa, Eloi, aportou esa súa xenialidade en “Glisandos, letras e arranxos” cunha peza de gaita que xunto coas voces e as letras de Lucía Aldao, consiguen emocionarme de maneira particular cada vez que o escoito.

Íste é o tracklist, e podedes baixar gratuitamente o EP dende a miña web www.franceslerouge.com coa súa portada/contraportada.














Frances Lerouge
- Estar en Casa EP [RWCLUB006]

Tracklist:

01. Azules y Negro
02. Estar en Casa
Extra/rare track "Glisandos, Letras e Arranxos"


Espero os vosos comentarios ;).
Apertas!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

estar en casa es un T E M A Z O