30/3/09

TALLER DE REVELADO



ACDL prosigue o seu calendario de actividades.

Nesta ocasión, e tras a boa acollida da primeira xornada, propoñémosvos un taller no que trataremos de explicar os conceptos básicos á hora de realizar unha fotografia, e o arte derevelar os nosos propios negativos, asícomo o seu posterior paso a papel.
As novas datas que propoñemos son as seguintes:
- 12 / ABRIL / 2009
- 19 / ABRIL / 2009
Tan solo se fará unha das duas datas, e será aquela na que se inscriba máis xente.
O taller realizarase en Arteixo, no local a Xuntanza ( ó lado do Centro Cívico)
A hora de comezo serán as 10:30 da mañá, e estenderase ata a tardiña.
A idea é que traiades a comida, e así compartir o día en conxunto.
O taller ten un precio de 6 euros ( xa que vos será proporcionado todo o material necesario: carretes, cámaras, e todo o necesario no procesode revelado)
Os que xa asististes a primeira xornada podedes pasar a facer algún revelado se vos apetece, tan solo enviade un correo para saber a xente que nos imos xuntar.
A inscripción podedes facela enviando un mail acasadaleiteira@gmail.com
Establécese como data límite o venres día 10 de abril.
Deixovos o enlace para que poidades ver as fotos do primeiro día.
Saudos a tod@s!

2 comentarios:

meillin dijo...

pero que juapas que son estas chavalas (e os chavales, e os chavales :P)

Unknown dijo...

Fué genial!!!! Aprendimos, nos divertimos y acabamos hechos polvo....un buen domingo!!! :-D