14/3/14

ASAMBLEA ANUAL DA CASA DA LEITEIRA

Hola amigos da Casa da Leiteira!
Escribimos para agradecervos o apoio que nos dades participando nas actividades da asociación, sen vós non sería posible!
Outro dos motivos é o anuncio da ASAMBLEA ANUAL dos asociados que será o día 28 DE MARZO ÁS 21:00 A PRIMEIRA CONVOCATORIA E 21:30 A SEGUNDA, NO LOCAL XUNTANZA DE ARTEIXO (SE NON O COÑECEDES PREGUNTADENOS). Pregamos asistencia, xa que necesitamos ser un mínimo para que sexa efectiva.

Os puntos a seguir serán:
- Estado de contas
- Renovación ou nomeamento da directiva
- Proxectos e actividades para este ano
- Rogos e preguntas
Queremos recalcar que A Casa da Leiteira está aberta a ideas que poidades aportar para actividades ou cursos, tódalas propostas serán benvidas. Existe un modelo para cubrir polos interesados onde se resumen os puntos básicos necesarios para a realización do proxecto, que podedes descargar aquí:

https://docs.google.com/file/d/0B7xRMpuDeIYHNzMzOWM5ODQtOTlhOC00NmM2LTllZTUtZDU0YjA0YWFkNmVj/edit?usp=docslist_api
Tamén queremos recordarvos que xa é tempo de renovar a cuota de socio, o que podemos facer en efectivo á calquera da directiva ou cun ingreso na conta (poñemos o número IBAN xa que agora cambiaron o sistema):

ES0320800014293000181124
Agradecervos de novo a confianza na ACDL e esperamos que este ano sexa mellor se cabe.
Apertas leiteir@s!

No hay comentarios: