12/5/10

IDENTIDADES URBANAS. nota do autor

Cara as 8 da tarde, unhas cantas fotos, uns viños, uns algos para picar e un pouco de música agardaban. a xente que tivo a ben pasarse pola casa de barrañán para pasar a tarde en boa compaña. O pretexto era unha especie de exposición fotográfica, pensada e preparada man a man entre Dani, Paula, Lobo e Alvedro, ó redor deste contexto:

"Unha viaxe a través dos pequenos detalles que nos podemos atopar en calqueira entorno urbán. As veces, a maneira en que construimos e usamos as nosas cidades e pobos pode dar unha idea da conciencia xeral da xente que habita neses espazos. Estas sensacións poden chegar a ser contradictorias e, nalgúns casos, romper cos tópicos preestablecidos. Non só os responsables da construcción e o urbanismo son os que configuran o noso hábitat, senón que tamén nós, como cidadáns, temos un papel protagonista na estética e na morfoloxía urbán a través das nosas accións, tanto constructivas coma destructivas."

Persoalmente non agardaba que viñera tanta xente, pero nótase que os rapazes e rapazas da ACDL conforman un tecido con moita conexións. E así da gusto.

Argallouse un xogo para que os que visitasen a exposición fotográfica fixerán da experiencia algo un pouco máis ameno. O xogo consistía en tentar de adiviñar os lugares que vían nas fotos, tomando nota nun papel das súas respostas, que logo serán avaliadas e o que máis acerte poderá levar a foto que queira das que estaban expostas.

Montóuse tamén un pequeno equipo de son na sala, do que saían inicialmente sons de marcado caracter urbán, case industriales pero lentos. A medida que foron baixando o sol e as botellas de viño , e o ambiente a tornarse un pouco máis festivo, a música foi subindo de ton ata que os altavoces dixeron basta. Non puideron aguantar tanto ritmo gordo.

Entre mentres, a xente ía e viña de fora para dentro e de dentro para fora, disfrutando da fermosa tarde que o mes de maio nos brindou.

E a troula continuou ata a medianoite, hora xa na que os ultimos que quedábamos fomos recollendo e facendo balance desta experiencia que agardo volva a repetirse , nesta forma ou de outra, e sexa quen sexa o anfitrión.

Persoalmente foi un pracer coñecer e compartir bos momentos coa xente que por alí estaba.
E sobre todo o meu agradecemento á xente da ACDL por dar pé a que saiamos un pouco da casa a facer cousas, e sobre todo por ser tan boa xente.

Apertas

+Aquí tedes unhas fotos do venres.

+E aquí podedes ver as fotos da EXPO.

Pola nosa parte tan so dicir que foi un auténtico placer compartir a tarde-noite con todos vos.

Comentarvos tamén, que as fotos estarán alí unha boa tempada , asique se queres pasar a velas tan so e cuestión de que contactedes con nos en acasadaleiteira@gmail.com

Por último darlle a noraboa a Dani pola exposición tan recurrente que nos brindou, e agradecerlle o tempo e o mimo dedicados.

E recordarvos que os vosos proxectos tamén poden ter cabida en A C AS A D A LEI TE I RA.

saudos, vemonos na próxima.

ACDL

No hay comentarios: