10/9/09

A NOITE NA FURNA

Outro ano mais, e xa vam pola 11ª edicion, disfrutaremos dunha noite de encanto nun entorno unico, como a Furna do Osmo en Corme.
Non podía faltar. Ao longo dos anos xa pasaron bandas de todo tipo (folk, cantautor, rumba, rock, ska...) que enchen a furna de música pra todolos gustos.

Homenaxe ao pobo mapuche
Esta edicion, ademais de servir para disfrutar bailando, servirá pra difundir a realidade do pobo mapuche (indíxenas orixinarios do sur de Chile) e tamén para apoiar a autoxestión da loita en defensa da súa terra contra as agresións das multinacionais (hidroeléctricas e madedeiras principalmente) coa complicidade do estado chileno.
O programa deste ano comenzara o xoves 10 cunha charla-presentacion do concerto,na que se explicara o caracter solidario deste.
Logo desta charla a compañia de titeres e guiñoles AUKACHE entretera a nen@s e maiores coa obra "A historia do indio lautaro"
Tanto a charla coma a obra de titeres sera no local da capitania maritima de Corme.

Programa Venres 11 setembro
A partir das 9: Pasaruas musical co grupo ESPIRITU MORENO e amig@s, gaitas e percusion polas ruas e bares de Corme de camiño a furna
A partir das 10: ESPIRITU MORENO. despois do pasaruas tocaran unhas peciñas pra abrir o concerto. GUANITO&PIÑA. Grupo de recente creacion, formado por Juan Vazquez (guanito) guitarra y voz,e por Ruben Paños (piña) caixon, que se xuntaron pra facer versions de cancions de hoxe e de sempre cun toque persoal. ARREMECAGHONA´S PRODUCIONS. Tolemia musical na cal se mezclan ritmos tradicionais, flamenco, punk; cunhas letras acidas, retranqueiras e directas que nos faran disfrutar a tod@s. Kañautor dende matama, Vigo.
¿DONDE ESTA EL PERRO SUICIDA? Banda de Valencia con ritmos rock i ska.
TANGHANA´S SHOW. Tropical/fusion/happy hardcore dende vigo presentando o seu novo disco Hambre de tierra. POR AQUI VAN LOS TIROS. Grupo de coruña con ritmos punk i hardcore.
Ó final haberá unha batukada aberta para todo o que leve un instrumento e ou lle apeteza tocar. Estades invitados.

No hay comentarios: