10/8/09

Mirando ó ceo




Como todos os anos en agosto temos unha cita cun espectáculo celeste, a chuvia de estrelas Perseidas, chamadas asi por vir dende a constelación de Perseo. Este ano os días álxidos son o 11 e 12 de agosto, inda que durante toda a semmana haberá máis estrelas fugaces que de costume. A Casa da Leiteira recoméndavos recrear a vista con este evento, e que o apuntedes para outros anos, pois cada ano volven pola mesma época. Un bo sitio para ir é o coto de Santa Marta (en Soandres), pois reúne todas as condicións para velas mellor, elevado e sen luces darredor. Algúns de nós estaremos por alí cos telescopios, dependendo sempre da visibilidade, asi que xa sabedes. Que vexades moitas estrelas.

2 comentarios:

Meillin dijo...

Boa excusa para xuntarse esta noite e facer algo curioso.

PABLO HONEY dijo...

olé sexca quen sexa o que escribe.
gústame, gústame moito.

espero que pouco a pouco alimentemos todos este gran proxecto.

:P