27/11/17

ADOPCIÓNS E ACOLLIDAS. ADAPTACIÓN Ó FOGAR







"INICIA A RELACIÓN CON BOA PATA E GARANTIZA A ADAPTACIÓN HACIA UNHA CONVIVENCIA FELIZ"

Seminario de gran calidade e imprescindible para coñecer as necesidades dos cans adoptados ou acollidos. 

Recomendado especialmente para adoptantes e casas de acollida, pero tamén, por suposto, para educadores e persoal de refuxios e canceiras, xa que disporán de formación específica coa que axudarán a familias e canciños a adaptarse e garantir unha convivencia feliz.

O principal obxectivo de este seminario é poder mellorar a adaptación dos cans que entran en casas, tanto en adopcións, como en acollidas temporais. Isto será a través de un modelo de convivencia baseado en: respecto, confianza, sinceridade e empatía cara o can.

O can adoptado ten as mesmas necesidades que calquera outro, pero require de unha adaptación e un traballo de entendemento e acompañamento importante que lle axude a poñer ó día os seus coñecementos e mostrar as súas capacidades.

Vamos a coñecer aquilo necesario antes de levar adiante a adopción ou acollida, para iniciar a convivencia con bo pé e facilitar a adaptación.

Ademais, traballaremos todo o necesario para que un can adaptado ó seu novo fogar poida crecer sendo capaz de superar situacións difíciles por si só, e poidamos dedicarnos a gozar da súa presenza, aprendendo, xunto a el, das moitas novas cousas que iremos coñecendo día a día.

DATA
Sábado 3 e domingo 4 de Marzo de 2018

HORARIO
Sábado de 9:30 a 14:00 e de 15:30 a 18:00
Domingo de 9:30 a 14:00

ESPAZO
Centro Tecnolóxico de Arteixo

PONENTE
Jordi Herrera (Cataluña)

COSTE
80 €  (Prezo reducido ata o 5 de Febreiro, 100 € prezo non reducido) AMPLIAMOS O PREZO REDUCIDO ATA COMPLETAR AS PRAZAS!!

INSCRICIÓNS E MÁIS INFO
acasadaleiteira@gmail.com ou 636 543 692 

TEMARIO
1.         INTRODUCIÓN
1.1.      Por que é importante adoptar?
1.2.      Como inflúe a dinámica de un refuxio na conduta do can?
1.3.      Podemos coñecer a un can a fondo dende dentro do refuxio?
2.         ANTES DA ADOPCIÓN
2.1.      Criterios a considerar para unha correcta elección.
2.2.      ¿Que podemos ofrecer ó can que desexamos adoptar?.
2.3.      ¿Que espera de nós o can que desexamos adoptar?
2.4.      Necesidades principais do can adoptado.
3.         TRALA ADOPCIÓN
3.1.      Primeiro contacto. Saída do refuxio.
3.2.      Chegada ó domicilio. Coñecer o  entorno. Primeiro paseo.
3.3.      Coñecer o fogar.
3.4.      Períodos de adaptación. Tempo de adaptación á casa e á rúa.
4.         COÑECEMENTOS BÁSICOS PARA A BOA CONVIVENCIA
4.1.      Comunicación.
4.2.      Observación.
4.3.      A importancia do silencio.
4.4.      Falso mito da dominancia.
4.5.      Correccións, castigos e obediencia. ¿Para que serven realmente?.
5.         INTRODUCIÓN Ó PASEO
5.1.      Tempos de paseo segundo idade.
5.2.      Material de paseo.
5.3.      Introdución ó manexo de correa.

Entregarase diploma de asistencia.

No hay comentarios: