14/5/15

VISITA Á HORTA ECOLÓXICA DE YAGO. MÉTODO PARADES EN CRESTALL


O amigo Leiteiro Yago está a tope unha tempada mais. 
Estaría encantado de mostrarnos o seu traballo e proponnos unhas visitas/xuntanzas á sua horta. 
Alí compartirá con quen guste os resultados do método que segue con gran entusiasmo!




CALENDARIO

Xoves 21 de Maio (18:00 - 20:00).
Venres 22 de Maio (10:00 - 12:00).
Sábado 23 de Maio (10:00 - 12:00).

Se non podes en estas fechas, non te preocupes buscaremos a mellor opción para ti.

ESPAZO

A casa de Yago e Patricia, no Rañal, Arteixo.

PREZO

De balde.

CULTIVO ECOLÓXICO

O método da agricultura ecolóxica que sigue Yago e conocido como "Parades en Crestall".
Consiste en facer catro bancais ou ‘Paradas’ de 1,5 metros de ancho e desde 3 ata 6 metros de longo e divídese en 3 zonas, doas de 60cm onde se plantan as hortalizas e unha no centro de 30cm donde colocaremos ladrillos para pisar e entre eles diferentes clases de flores e aromáticas, beneficiosas para a horta.

Os seis puntos básicos do método son:
1. Facer as paradas.
2. Non pisar a terra.
3. Usar un bo compost ou "Crestal".
4. Sembrar densamente hortalizas para crear microclima, para que non nazcan malas herbas e se conserve a humidade do chan.
5. Sistema de riego exudante para obter humidade constante.
6. Realizar o ciclo de rotación de cultivos de 4 anos, cunha distribución correcta das diferentes familias botánicas. Este e un dos puntos mais imprescindibles para combatir enfermidades e plagas, enriquecendo a terra e os sucesivos cultivos, conseguindo unha horta mais fructífera ano tras ano.

Deixámosvos o enlace do blog de Yago para que vexades a evolución da súa horta e poidades aprender receitas de cociña riquísimas, xa que lle encanta.
http://sensacionesgastronomicas.blogspot.com.es/

INSCRIPCIÓNS

acasadaleiteira@gmail.com
Teléfono: 636 543 692 Sindi




No hay comentarios: