27/11/17

ADOPCIÓNS E ACOLLIDAS. ADAPTACIÓN Ó FOGAR







"INICIA A RELACIÓN CON BOA PATA E GARANTIZA A ADAPTACIÓN HACIA UNHA CONVIVENCIA FELIZ"

Seminario de gran calidade e imprescindible para coñecer as necesidades dos cans adoptados ou acollidos. 

Recomendado especialmente para adoptantes e casas de acollida, pero tamén, por suposto, para educadores e persoal de refuxios e canceiras, xa que disporán de formación específica coa que axudarán a familias e canciños a adaptarse e garantir unha convivencia feliz.

O principal obxectivo de este seminario é poder mellorar a adaptación dos cans que entran en casas, tanto en adopcións, como en acollidas temporais. Isto será a través de un modelo de convivencia baseado en: respecto, confianza, sinceridade e empatía cara o can.

O can adoptado ten as mesmas necesidades que calquera outro, pero require de unha adaptación e un traballo de entendemento e acompañamento importante que lle axude a poñer ó día os seus coñecementos e mostrar as súas capacidades.

Vamos a coñecer aquilo necesario antes de levar adiante a adopción ou acollida, para iniciar a convivencia con bo pé e facilitar a adaptación.

Ademais, traballaremos todo o necesario para que un can adaptado ó seu novo fogar poida crecer sendo capaz de superar situacións difíciles por si só, e poidamos dedicarnos a gozar da súa presenza, aprendendo, xunto a el, das moitas novas cousas que iremos coñecendo día a día.

DATA
Sábado 3 e domingo 4 de Marzo de 2018

HORARIO
Sábado de 9:30 a 14:00 e de 15:30 a 18:00
Domingo de 9:30 a 14:00

ESPAZO
Centro Tecnolóxico de Arteixo

PONENTE
Jordi Herrera (Cataluña)

COSTE
80 €  (Prezo reducido ata o 5 de Febreiro, 100 € prezo non reducido) AMPLIAMOS O PREZO REDUCIDO ATA COMPLETAR AS PRAZAS!!

INSCRICIÓNS E MÁIS INFO
acasadaleiteira@gmail.com ou 636 543 692 

TEMARIO
1.         INTRODUCIÓN
1.1.      Por que é importante adoptar?
1.2.      Como inflúe a dinámica de un refuxio na conduta do can?
1.3.      Podemos coñecer a un can a fondo dende dentro do refuxio?
2.         ANTES DA ADOPCIÓN
2.1.      Criterios a considerar para unha correcta elección.
2.2.      ¿Que podemos ofrecer ó can que desexamos adoptar?.
2.3.      ¿Que espera de nós o can que desexamos adoptar?
2.4.      Necesidades principais do can adoptado.
3.         TRALA ADOPCIÓN
3.1.      Primeiro contacto. Saída do refuxio.
3.2.      Chegada ó domicilio. Coñecer o  entorno. Primeiro paseo.
3.3.      Coñecer o fogar.
3.4.      Períodos de adaptación. Tempo de adaptación á casa e á rúa.
4.         COÑECEMENTOS BÁSICOS PARA A BOA CONVIVENCIA
4.1.      Comunicación.
4.2.      Observación.
4.3.      A importancia do silencio.
4.4.      Falso mito da dominancia.
4.5.      Correccións, castigos e obediencia. ¿Para que serven realmente?.
5.         INTRODUCIÓN Ó PASEO
5.1.      Tempos de paseo segundo idade.
5.2.      Material de paseo.
5.3.      Introdución ó manexo de correa.

Entregarase diploma de asistencia.

7/9/16

IOGA TIBETANO ESTE OUTONO



Retomamos un curso mais as clases de Ioga Tibetano con ACDL no Local Social de Lañas.

Imparte Segundo Rego 
Profesor de Yoga Tibetano ( Jamyang Yoga ) acreditado por la Yoga Alliance International (YAI)
Con esta práctica poderemos combatir enfermidades, liberarnos das emocións negativas e incrementar o noso nivel enerxético de maneira moi efectiva.

Como sempre, os amigos de ACDL terán descontos especiais nas tarifas!

Non te quedes sen a túa praza! Son limitadas ;)
INSCRIPCIÓNS:
Tlf: 609 233 964
acasadaleiteira@gmail.com
ESPAZO:
Local Social de Lañas 
HORARIO:
Luns de 19 a 20:30 (Clases de 90 Min) 
PREZO:
25 Euros Amigos de ACDL
(30 Euros non socios)

25/9/15

Clases regulares de Baile tradicional e Pandeireta





Queres tocar a Pandeireta? Bailar tradicional?  En Outubro empezaremos. Clases regulares un día á semana. Anímate!

Os horarios son provisionais e a convir coas/cos alumnas/os.

Pandeireta: luns 20:30 - 22:00   tel:639466162
Baile:         merc  9:00 - 22:30   tel:600243241

Tamén podes apuntarte en acasadaleiteria@gmail.com.  Imos Folieiros!

23/9/15

IOGA TIBETANO

Retomamos  en Outubro o curso escolar de Ioga Tibetano
Non te quedes sen praza!

O Ioga Tibetano é un sistema de traballo e exercicos que segue os principio da Medicina Tradicional Tibetana e da tradición Bön.

Trabállase o corpo de forma armónica, favorécese a relaxación mediante a respiración e centrando a mente nos exercicios mellora notablemente a nosa calidade de vida.

Con esta práctica poderemos combatir enfermidades, liberarnos das emocións negativas e incrementar o noso nivel enerxético de maneira moi efectiva.

Según a Medicina Tradicional Tibetana, a enfermidade é o resultado de un desequilibrio dos elementos o dos humores do corpo. 

Mediante a combinación de forma e movemento e usando adecuadamente a respiración, o Ioga Tibetano abre suavemente os canales do corpo liberando os bloqueos e redirixinndo a enerxía. De este modo armonizanse os elementos e os humores no corpo, mellorando así a saude física, a claridade mental e o vigor enerxético.

É unha forma sencilla de conectar coa nosa verdadeira naturaleza.

Unha práctica sanadora e meditativa que aporta conciencia, sensibilidad interna e concentración mental, o cual é a base para calquier práctica.

Inclue exercicios especiales de Tummo, meditación e respiración. Practicanse series estáticas e dinámicas.
Imparte Segundo Rego 
Profesor de Yoga Tibetano ( Jamyang Yoga ) acreditado por la Yoga Alliance International (YAI)

INSCRIPCIÓNS:
Tlf: 609 233 964
acasadaleiteira@gmail.com
ESPAZO:
Local Social de Lañas 
HORARIO:
Luns ás 18.30 e ás 20:15 (Clases de 90 Min) 
PREZO:
25 Euros
NOTA:
Cada alumno deberá levar esterilla e mantiña