25/2/09

UN MEMBRO DA ACDL NA VOZ DE GALICIA

Un orgullo que un dos nosos membros sexa entrevistado na Voz, e un pracer ver que el sente o mesmo orgullo por este proxecto común, sen ir máis lonxe, o titular remite directamente á ACDL.
Gracias Javi, e noraboa. Tes "algo" e invitámoste a seguir traballando duro. Porque só do esforzo sae ese talento. 
O seu traballo aquí.
A noticia, aquí.

"Levo un par de meses traballando no colectivo A Casa da Leiteira"
Javier Alvedro Fotógrafo da Laracha
25/2/2009 
O fotógrafo larachés Javier Alvedro, 26 anos, leva cerca de tres coa cámara ao lombo captando imaxes moi variopintas. Estudou en Barcelona e alí atopou a súa paixón polas instantáneas. Despois dun mes de exposición de fotos no pub A Reserva de Carballo, as súas sensacións son moi positivas. Agora, ten en mente facer un percorrido pola súa comarca co obxectivo de denunciar o impacto medioambiental á que está sometida. Alvedro di que lle gusta retratar a súa xente, e para iso non dubida en saír á rúa en busca dunha nova aventura.

-¿Que quería expresar na exposición que pasou pola sala A Reserva de Carballo?
-O certo é que nada en especial, trátase de fotografías que non están relacionadas entre si, e por iso a obra non ten un título. Pechei hai pouco unha etapa persoal e o que intentei foi facer un repaso do que fixen durante todos estes anos.

-¿Dedícase exclusivamente á fotografía?
-Non, xa que levo un par de meses traballando nun colectivo que se chama A Casa da Leiteira. A verdade é que é moi variopinto, alí dedicámonos a todo, á música, ao vídeo e tamén ás fotografías.

-¿Cales son os seus próximos proxectos?
-Gustaríame moito facer un percorrido pola miña comarca, co obxectivo de denunciar o impacto ambiental que está a sufrir. A idea é captar as obras de infraestruturas como as do porto exterior, que non respectan nada.

-¿Que marco lle gusta máis para levar a cabo os seu traballo fotográfico?
-A verdade é que en Barcelona teño un bo fondo, pero tamén me gusta retratar á miña xente, captar o momento de dentro, e para iso trato de saír moito ás rúas, aínda que tamén ao rural. Agora atópome nunha etapa moito máis familiar, con fotos máis persoais.

No hay comentarios: